Voluntariado Europeo
#Deseño
Ano: 2025
Cliente: Fundación Paideia Galiza
Deseño e desenvolvemento de materiais gráficos para o Proxecto de Voluntariado Europeo impulsado pola Fundación Paideia Galiza. Unha iniciativa que promove a mobilidade xuvenil e a aprendizaxe intercultural.
Creamos un caderno con tapa reciclada, pensado como ferramenta de reflexión durante a experiencia de voluntariado, e un roll-up para visibilizar o proxecto en eventos e espazos públicos. Un traballo no que buscamos comunicar de maneira accesible, visual e con compromiso.