Memoria Leader
#Deseño
Ano: 2021
Cliente: Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.
Deseño e desenvolvemento dunha memoria para o programa Leader durante o período de execución 2014-2020 nas comarcas coruñesas do Sar, do Barbanza, de Noia e no concello de Muros.
Un traballo que dá visibilidade aos proxectos empresariais do rural galego. Propuxemos un formato cadrado con cuberta en papel reciclado impresa en relevo. As gardas realizáronse nunha cartolina amarela semellante á cor do logotipo de Deloa.