Gadisa
#Merchandaxe
Ano: 2025
Cliente: Gadisa
Produción de botellas térmicas personalizadas para Gadisa, concibidas como obsequio para visitas institucionais. Unha peza funcional e duradeira: 500 ml, dobre parede de aceiro inoxidable reciclado e acabado rubber de tacto suave. A aplicación do logotipo mediante gravado láser garante un resultado limpo, discreto e permanente, aliñado cunha imaxe corporativa coidada e profesional.