Ciclo de conversas

#Folletos

Ano: 2025
Cliente: Fundación Paideia Galiza

Deseño e desenvolvemento de materiais gráficos para o ciclo de charlas arredor do Día Internacional da Danza impulsado pola Fundación Paideia Galiza. Un ciclo que quere situar a danza e outras artes do movemento nun lugar de igualdade en relación con outras disciplinas culturais (música, audiovisuais, teatro…).

Deseñamos materiais que reflicten unha imaxe de diversidade e o amplo abano de estilos desta disciplina: un tríptico coa programación das charlas, material para redes sociais, un convite e unha lona para o acto de presentación do evento.