Carta de Santiago

#Deseño, Merchandaxe, Publicacións

Ano: 2022
Cliente: Fundación Paideia Galiza.

Deseño e desenvolvemento de materiais gráficos para o Foro Carta de Santiago promovido pola Fundación Paideia Galiza. Unha iniciativa que buscou impulsar diálogos entre persoas procedentes de ámbitos de coñecemento diversos. Cada un dos acontecementos do foro —inauguración, diálogos nos seus diferentes formatos— foi nomeado coas rutas do Camiño de Santiago.

Creamos un libro en formato cadrado cunha imaxe que fai referencia á catedral de Santiago realizada con puntos de conexión desas rutas do Camiño. Eses puntos serven de nexo de unión en cada capítulo do libro.

Trébore Regalo de Empresa y Diseño Gráfico