Talleres Trébore, na súa condición de responsable do tratamento, infórmalle de que os datos recollidos no Sitio Web serán tratados conforme á lexislación en materia de protección de datos, e particularmente de acordo co disposto no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril.
A finalidade do tratamento é a de xestionar os contactos e clientes da empresa, o que inclúe o envío de información, elaboración de orzamentos ou calquera cuestión relacionada coas actividades que se desenvolven.
As categorías de datos que serán incluídas nos rexistros da empresa corresponderán a datos de identificación, enderezos postais ou electrónicos, números de conta bancaria. Estes datos serán tratados durante o tempo que dure a relación establecida coa entidade ou ata que vostede exerza os seus dereitos de baixa ou supresión.
Talleres Trébore cumpre coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, comprometéndose a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coa finalidade descrita, estando lexitimada polo consentimento que expresamente nos outorga ao aceptar estas condicións. Este consentimento pode retiralo en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento realizado con carácter previo á súa retirada.
Os seus datos non serán transferidos nin cedidos a terceiros fóra dos casos expresamente previstos en materia de protección de datos ou baixo o seu consentimento expreso.
Infórmaselle de que pode exercitar os seus dereitos de acceso aos datos, rectificación ou supresión, limitación do seu tratamento, oposición ao mesmo, así como a portabilidade dos seus datos, dirixíndose a Talleres Trébore, S.L., Praza de María Pita 17, 15001 A Coruña, ou ao enderezo de correo electrónico protecciondedatos@trebore.com, coa referencia “Protección de datos Trébore”.
Infórmaselle tamén de que ten dereito a presentar a correspondente reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos.