Aviso legal

Información da Entidade

O presente sitio web é propiedade e está xestionado por Talleres Trébore S.L., sociedade limitada cuxos datos completos son os seguintes:

  • Enderezo: Praza María Pita, 17 – 15001 A Coruña
  • CIF: B15689607
  • Tfno.: 981228033
  • E-mail: contacto@trebore.com

Talleres Trébore S.L. é propietaria da marca Trébore, dos nomes de dominio e páxinas en Internet ás que se accede dende os dominios www.trebore.com.

Obxecto da web

O acceso a esta Web é gratuíto agás o custo de conexión a Internet subministrado polo provedor de acceso contratado polo usuario. A Web de Trébore ten como obxectivo dar a coñecer a actividade de Talleres Trébore.

Política de confidencialidade e privacidade

Todos os contidos deste portal web (textos, imaxes, sons, animacións, vídeos…) son propiedade de Talleres Trébore S.L. sen que poidan entenderse cedidos ao usuario. Calquera transmisión, distribución, reprodución, comunicación pública, posta a disposición, transformación, manipulación ou almacenamento, total ou parcial, require o previo e expreso consentimento por escrito de Talleres Trébore S.L. (trebore@trebore.com).

Os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos e demais elementos susceptibles de propiedade industrial son propiedade de Talleres Trébore S.L. sen que poida entenderse que o acceso á web atribúa ningún dereito sobre os mesmos.

En ningún caso se entenderá que, polo acceso a este portal web, o usuario obtén licenza ou autorización para o seu uso, máis aló do uso estritamente privado, de ningún contido, información ou servizo existente no portal web nin sobre ningún dereito relacionado con eles, especialmente os de propiedade intelectual e industrial.

Agás autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de ligazón que dende páxinas de terceiros dean acceso directo ás páxinas de Talleres Trébore S.L. Este portal web pode conter dispositivos técnicos de ligazón(s) a páxinas externas sobre as cales Talleres Trébore S.L. non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado con ditas páxinas ou o seu acceso.

Talleres Trébore S.L. non pode garantir a ausencia de virus informáticos ou de calquera outro compoñente ou condición prexudicial no noso portal web ou nos servidores que os fan dispoñibles. Talleres Trébore S.L. exclúe, coa máxima extensión permitida polo ordenamento xurídico español, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que acompañen ou se deriven do uso deste portal web.

Talleres Trébore S.L. resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web (especificacións, fotografías…), da configuración e presentación desta e das condicións de acceso. Talleres Trébore S.L. non é responsable de calquera dano directo ou indirecto que poida ocasionar a exactitude, veracidade ou exhaustividade de dita información, ou o uso que dela poida facerse.

Talleres Trébore S.L. resérvase a facultade de almacenar os enderezos IP dos usuarios que acceden ao portal web para a creación de estatísticas de acceso, coñecer os movementos dos usuarios e acumular información demográfica ampla en conxunto. Esta información será almacenada polo tempo máximo que esixa a lei.